Estás aquí: Inico Blog
16 Junio 2019

SHOPPING WEEKEND


O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sua cidade. Pon en marcha este venres 14 e o sábado 15 de Xuño a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.

Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 60 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, agasallos, perfumería, beleza, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, librerías e papelerías, estancos, perruquerías etc. Xa Van varias edicións desta campaña, radicando o éxito da mesma na oportunidade de mercar cun desconto importante moitos artigos de primeira calidade na gran variedad de sectores que participan nesta iniciativa comercial.

Os locais participantes son:

- Óptica Rosario

- Baamonde Style - BMD

- Confecciones Justo Vázquez

- Equivalenza

- Muebles Iglesias

- Irimia Paquetería

- Platax

- Grafity

- Regalos Sulian

- Calzados Vogue

- Madrás

- Esprit

- La Óptica Viveiro

- Lencería Canela

- Van Surf Sneakers

- Dandara

- Van Surf Shop

- Naútica Beagle

- África Copias

- Rockids

- Jonathans

- Embutidos Villalba

- Óptica Casariego

- Raquel Seijido

- Las Fidalgas

- Carlos Fotógrafos

- Tacones

- Keweë / Versus

- Kody Kids

- Joyería Paleo

- Roupa

- Estanco Casanova

- Calzados Albo

- Kandela Iluminación

- Peluquería Angeles Salgueiro 

- Albo Zapaterías

- Mobiltom

- Albo zapatillería

- Nacar

- Piti Deportes

- El Faro

- Kerale Moda

- Baühaüs

- Oscar Rodríguez Joyeros

- Paquetería Mónica

- Fontana

- Depidel

- Miss-tic

- Carnicería Mariño

- Oxígeno Surf

- Deportes Don Balón

- Podium Sport

- A Tenda da Calexa

- Fontenova Panadería

- La Tienda de Aradia

- Cerámica Regal

- Peluquería Richard XFavor

- Paquetería Lage

- Kalea

- Tejidos Rogelio

 

Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos.

Tratase de ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.

É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes dous días.

Día dos Maios

16 May
2019
Posted in Blog
por

BASES CAMPAÑA “OS MAIOS”

É requisito para participar na promoción a aceptación, na súa totalidade, das presentes bases.

Primeira.- Participantes

Poderán participar no concurso persoas de calquera idade.

Segunda.- Temática e Organizadores

O concurso, organizado por Grafity e pola Asociación de comerciantes Centro Histórico de Viveiro, ten como temática a celebración do Día dos Maios.

Os participantes deberán enviar unha foto sacada no photocall ubicado na Praza Maior de Viveiro o venres 24 e o sábado 25 de maio.

Terceira.- Cómo Participar

A foto poderase subir a:

1.- A través do perfil social da Asociación no Facebook, Instagram e Twitter

https://www.facebook.com/Centro-Comercial-Hist%C3%B3rico-de-Viveiro-39413811451/

https://twitter.com/viveirocentro

http://instagram.com/viveirocentro

2.- A través do perfil social de Grafity no Facebook, Instagram e twitter

https://www.facebook.com/Grafity.es

https://twitter.com/Grafity_Viveiro

http://instagram.com/grafity_viveiro

3.- O prazo para subir as fotos será o venres 24 de maio e o sábado 25 de maio ata as 24:00 horas.

4.- Cada participante deberá informar do seu nome e apelidos, non serán válidos os enviados dende perfiles que non estean claramente identificados.

5.- A cada foto recibida asignaráselle un número que será co que participe no sorteo. Éste realizarase o luns 27 de maio a través dun sistema aleatorio de sorteos.

Cuarta.- Premio

Sortearanse 2 mochilas, polo que haberá 2 fotos gañadoras. As mochilas serán personalizadas co nome que se nos indique, bordado. Os premiados disporán dun prazo de 15 días, dende a notificación para reclamar o seu premio. Transcorrido o prazo entenderase que renuncia ó premio sen que exista compensación algunha por dita renuncia.

Quinta.- Utilización publicitaria do nome do gañador e Protección de datos.

Os gañadores darán o seu consentimento expreso ós efectos de acceder ós seus datos persoais e tratalos ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando o seu nome e imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no concurso implica a aceptación desta cláusula.

Sexta.- Obra

Non se aceptará ningún texto/imaxe que sexa contrario á legalidade vixente, ou poida resultar ofensivo.

Día de la Madre 2019

16 Abr
2019
Posted in Blog
por

nai 2019

BASES CAMPAÑA DIA DA NAI

“MAMÁ SE MIMA”

É requisito para participar na promoción a aceptación, na súa totalidade, das presentes bases.

Primeira.- Participantes

Poderán participar no sorteo os maiores de 18 anos.

Os titulares dos comercios participantes, conxugues e familiares directos, así como os empregados, non poderán participar con tíckets do propio establecemento.

Segunda.- Descrición da campaña

Sorteo de 300€ en vales para gastar nos locais asociados ó CCHV que presten servizos de perruquería e/ou estética e benestar. 

Terceira.- Como Participar

En cada negocio asociado ó CCHV haberá una urna onde se poderán depositar os tíckets de compra dun importe mínimo de 10€, cós datos de contacto no reverso do tícket (nome e número de teléfono)

Só se pode participar con tíckets de valor a 10€ ou superior (non se permite a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 10€)

A data dos tíckets de compra poderá ser dende o venres 26 de Abril ó domingo 5 de Maio.

Cuarta.- Sorteo

O sorteo realizarase o martes 7 de maio ás 20:30 horas nas oficinas da Asociación, situadas na Rúa Ramón Diaz Freijo, 3 de Viveiro.

Comunicaráselle de inmediato ó gañador. No caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo tícket ata que apareza gañador.

O xoves 9 de maio de 2019 realizarase o acto de entrega do premio, en horario determinado pola Xunta Directiva da Asociación.

O prazo para realizar o gasto será de 15 dias a contar dende o momento de entrega do premio.

Quinta.- Utilización publicitaria do nome do gañador e Protección de datos.

O CCHV no momento de outorgar ó gañador o Premio, solicitará o seu consentimento expreso ós efectos de acceder ós seus datos persoais e tratalos coa finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando o seu nome e imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no concurso implica a aceptación desta cláusula.

Página 1 de 46

Noticia patrocinada por

bygabogados gimp

Blanco y Guerra Abogados