Estás aquí: Inico Blog Día de la Madre 2019
18 Julio 2019

Día de la Madre 2019 Destacado

Miércoles, 10 Abril 2019 18:33 Escrito por 
Vota este artículo
(0 votos)

nai 2019

BASES CAMPAÑA DIA DA NAI

“MAMÁ SE MIMA”

É requisito para participar na promoción a aceptación, na súa totalidade, das presentes bases.

Primeira.- Participantes

Poderán participar no sorteo os maiores de 18 anos.

Os titulares dos comercios participantes, conxugues e familiares directos, así como os empregados, non poderán participar con tíckets do propio establecemento.

Segunda.- Descrición da campaña

Sorteo de 300€ en vales para gastar nos locais asociados ó CCHV que presten servizos de perruquería e/ou estética e benestar. 

Terceira.- Como Participar

En cada negocio asociado ó CCHV haberá una urna onde se poderán depositar os tíckets de compra dun importe mínimo de 10€, cós datos de contacto no reverso do tícket (nome e número de teléfono)

Só se pode participar con tíckets de valor a 10€ ou superior (non se permite a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 10€)

A data dos tíckets de compra poderá ser dende o venres 26 de Abril ó domingo 5 de Maio.

Cuarta.- Sorteo

O sorteo realizarase o martes 7 de maio ás 20:30 horas nas oficinas da Asociación, situadas na Rúa Ramón Diaz Freijo, 3 de Viveiro.

Comunicaráselle de inmediato ó gañador. No caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo tícket ata que apareza gañador.

O xoves 9 de maio de 2019 realizarase o acto de entrega do premio, en horario determinado pola Xunta Directiva da Asociación.

O prazo para realizar o gasto será de 15 dias a contar dende o momento de entrega do premio.

Quinta.- Utilización publicitaria do nome do gañador e Protección de datos.

O CCHV no momento de outorgar ó gañador o Premio, solicitará o seu consentimento expreso ós efectos de acceder ós seus datos persoais e tratalos coa finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando o seu nome e imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no concurso implica a aceptación desta cláusula.

Leído 257 veces
Más artículos de esta categoría: « Día de la Madre 2018 Concurso Tapas 2018 »

Noticia patrocinada por

MARIÑO

Carnicería Mariño