Estás aquí: Inico Blog BÚSQUEDA DO TESOURO. DESCUBRINDO O COMERCIO DE VIVEIRO
16 Septiembre 2019

BÚSQUEDA DO TESOURO. DESCUBRINDO O COMERCIO DE VIVEIRO Destacado

Viernes, 08 Marzo 2019 18:10 Escrito por 
Vota este artículo
(0 votos)

busqueda web

BASES CAMPAÑA DIA DO PAI

“BÚSQUEDA DO TESOURO. DESCUBRINDO O COMERCIO DE VIVEIRO”

É requisito para participar na actividade a aceptación, na súa totalidade, das presentes bases.

Primeira.- Descrición da campaña e Participantes

- Realización dunha Búsqueda do Tesouro por distintas localizacións do Centro Urbano de Viveiro.

- Sábado 23 de Marzo de 2019 ás 17:00 horas saída dende a Praza Maior de Viveiro.

- Os grupos participantes deberán estar inscritos previamente.

- Poderán participar na actividade os pais/avós cos seus fill@s / net@s.  

Segunda.- Cómo Participar

- Entregando tickets de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, por importe mínimo de 50€ (permítese a acumulación de varios tickets de cantidades inferiores ata sumar os 50€)

- A data dos tickets de compra poderá ser dende o luns 11 de marzo ata o luns 18 de marzo.

- Para participar deberanse entregar os tickets nas oficinas do CCHV situadas na Rua Diaz Freijo, 3, como plazo máximo ata o luns 18 de marzo ás 20:00 horas. Unha vez comprobada a súa validez procederase á inscrición do grupo participante.

Terceira.- Desarrollo da actividade

- O Xogo iniciarase na Praza Maior de Viveiro o sábado 23 de marzo ás 17:00 horas.

- Realizarase a saída có encendido do reloxo que contén a conta atrás de 3 horas.

- Ese reloxo conten 10 díxitos que son os que terán que conseguir os participantes para acadar o mapa do tesouro antes de que finalice o tempo de xogo.

- A cada equipo daráselle un sobre cunha pista que o levará a un punto de control, onde anotarán o código que alí figura e onde se lles informará das probas que teñen que realizar e a onde teñen que ir.

- Ó ir superando cada proba entregaráselles 1 díxito da clave para desconectar o reloxo da conta atrás e acadar o mapa do Tesouro, e un novo sobre con outra pista para conseguir un novo punto de control.

- Haberá distintas ordes de ruta para non coincidir todos os grupos ó mesmo tempo nas mesmas probas. As probas serán tanto de habilidade como preguntas de interés xeral, e os sobres que conteñen as probas estarán repartidos por distintos negocios e localizacións do CCHV.

- Cando un equipo logre acadar os 10 díxitos terán que desconectar o reloxo da conta atrás. A aquel equipo que desconecte o reloxo da conta atrás entregaráselle a chave do cofre do Tesouro.

Cuarta.- Utilización publicitaria dos participantes e Protección de datos.

O CCHV recabará o consentimento expreso de tódolos participantes ós efectos de acceder ós seus datos persoais e tratalos ca finalidade de publicar o resultado da actividade, utilizando o seu nome e imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún.

Leído 520 veces
Más artículos de esta categoría: « 7/8/9 FORA STOCKS'19 Día dos Maios »

Noticia patrocinada por

KandelaLO

Kandela