1.- OBXETO DO CONCURSO
O organizador deste concurso é a Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro (en diante CCHV), que convoca o Concurso Selfie baixo o hasthag #namoratedocomerciolocal
A finalidade deste concurso é a promoción a través das redes sociais Facebook, Twitter e Instagram da campaña de San Valentín de Viveiro, e potenciar a compra no comercio local.
O concurso terá carácter gratuíto e desenvolverase a través das condicións estipuladas nas presentes Bases.
Poderán participar neste concurso os maiores de 18 anos.
Para participar farase unha foto tipo selfie (que sexa o mais divertida posible) no photocall de corazón de globos do CCHV que cada día estará instalado nas ubicacións que se detallan a continuación:
-
Martes 12 de Febreiro.- Praza de Juan Donapetry
-
Mércores 13 Febreiro.- Avenida de Cervantes
-
Xoves 14 Febreiro.- Praza da Fontenova
-
Venres 15 Febreiro.- Praza de Lugo
-
Sábado 16 Febreiro.- Rua Navia Castrillón / Avd. De Ferrol
2.- MODO DE PARTICIPACIÓN
Será a través de las seguintes Redes Sociais:
https://www.facebook.com/Centro-Comercial-Histórico-de-Viveiro
https://twitter.com/viveirocentro
http://instagram.com/viveirocentro
Para que unha fotografía entre no concurso, é condición imprescindible que sexa etiquetada có hashtag #namoratedocomerciolocal na súa descrición, ademais de compartila publicamente nas redes sociais citadas anteriormente.
O perfil do participante e a publicación da fotografía deberán ser públicos, xa que no caso contrario, a organización non poderá visualizalas e non entrarán no concurso.
Pódese participar por calquera das tres modalidades que se detallan a continuación, non sendo excluíntes:
-
FACEBOOK. Sube a fotografía ó facebook CentroComercialHistóricodeViveiro co hasthag #namoratedocomerciolocal. Os participantes teñen que cumprir có requisito de ser fan desa páxina oficial da Asociación enFacebook.
-
TWITTER. Publica un tweet ca fotografía no teu perfil de Twitter ca etiqueta #namoratedocomerciolocal. Os participantes teñen que cumprir có requisito de seguir ó perfil oficial @viveirocentro
-
INSTAGRAM. Sube a fotografía ó teu perfil de Instagram e menciona a @viveirocentro ademais de incluír a etiqueta #namoratedocomerciolocal. Os participantes cumprirán có requisito de seguir ó perfil oficial @viveirocentro
3.- DATAS
O concurso comeza ás 10:00 horas do 12 de Febreiro de 2019 e rematará o 16 de febreiro ás 20:00 horas. As imaxes publicadas a partir desa data non se contabilizarán dentro doconcurso.
O 18 de febreiro de 2019, o CCHV publicará nas Redes Sociales - Facebook, Twitter e Instagram - o gañador ou gañadora,e indicaraselle os pasos a seguir.
Teranse en conta para a valoración os Me gusta que teñan as fotos, resultando gañadora aquela que máis acade.
4.- PREMIO
Establécese un premio de “100€ en vales de compra” para gastar nos locais asociados ó CCHV. O premio non poderá ser canxeado polo seu valor en metálico.
5.- DEREITOS DE IMAXE
Os concursantes ceden, nos términos legais necesarios, os dereitos de imaxe das súas fotografías á organización, para que poidan facer uso de dito material para a promoción en calquera canal ou medio de comunicación e para realizar unha exposición tras finalizar o concurso cas imaxes presentadas para talfin.
A organización reserva o dereito de denunciar ou pedir a eliminación da fotografía, si algunha imaxe vulnera dereitos persoais, resulta ofensiva ou discriminatoria, ou por calquera outro motivo ca organización estimeoportuno.
Resérvase o dereito de anular calquera participación, si se teñen sospeitas dunha manipulación incorrecta dos datos ou do concurso.
6.- PROTECCIÓN DE DATOS
O participantes aceptan, mediante a súa participación no presente concurso, que os contidos e comentarios que vaian ser publicados nas redes sociais poidan ser compartidos nos medios cos organizadores estimen oportuno. A participación nun concurso desta natureza supón a aceptación das normas das redes sociais nas que sedifunde.
Os organizadores non recollerán ningún dato persoal xa que a participación é pública. Unicamente farase necesaria a recollida dos datos do gañador para a entrega de premios, respetando a normativa aplicable en materia de Protección de Datos de carácter persoal.
7.- ACEPTACIÓN DAS BASES E RESPONSABILIDADES
Polo feito de participar no concurso, os/as participantes aceptan as condicións da mesma segundo se describen nestas Bases