Estás aquí: Inico Blog MERCAR EN VIVEIRO TEN PREMIO NA “RULETA DO NADAL”
17 Enero 2019

MERCAR EN VIVEIRO TEN PREMIO NA “RULETA DO NADAL”

Viernes, 14 Diciembre 2018 13:47 Escrito por 
Vota este artículo
(0 votos)

ruleta para web

MERCAR EN VIVEIRO TEN PREMIO NA “RULETA DO NADAL”

BASES DA CAMPAÑA

Primeiro.- Descrición da campaña

Organiza o sorteo o Centro Comercial Histórico de Viveiro, baixo a denominación a Ruleta do Nadal.

Instalarase unha ruleta con premios na Praza Maior de Viveiro os dias, 21, 22 e 23 de Decembro de 2018.

O horario será de 17:30 h. Ata esgotar os premios diarios (fixando como horario máximo cada dia as 20:30 horas)

Segunda.- Como Participar

Os interesados poderán participar entregando tíckets de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, cun importe mínimo de 20€. Por cada ticket igual ou superior a 20€ en compras terase dereito só a unha tirada na ruleta.

Establécense 3 tiradas seguidas por persoa. Se se dispón de mais tickets poderase volver a poñer na cola para optar a mais tiradas. 

Permitirase a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 20€.

A data válida dos tíckets de compra poderá ser dende o luns 17 ó domingo 23 de decembro de 2018.

Realizaranse as tiradas por estrito orde de chegada, unha vez comprobada a validez dos tíckets (negocio asociado, data e importe)

As casillas da ruleta conteñen premios de 5€, 10€, 20€, 50€, 100€ e segue mercando. Se se cae nesta última casilla non hai opción a premio.

Os titulares, empregados e familiares de primeiro grao non poderán ser premiados cos tíckets de establecementos propios.

Terceira.- Premios

Sortearanse 1.500€ en premios, repartindo 500€ cada día, do seguinte xeito:

-30 premios de 5€

-10 premios de 10€

-5 premios de 20€

-1 premio de 50€

-1 premio de 100€

O valor dos premios será entregado en Vales de compra do CCHV para gastar en negocios asociados ata o 5 de xaneiro de 2019.

Cuarta.- Utilización publicitaria das imaxes dos gañadores

A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria de datos ou imaxes no momento de recoller os premios, ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando a súa imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.

A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.

Leído 164 veces

Noticia patrocinada por

o asador

Restaurante O Asador