MERCAR EN VIVEIRO TEN PREMIO “SORTEO DE 3 SOLDOS DE 1.200€
BASES DA CAMPAÑA
Primeiro.- Descrición da campaña
Organiza o sorteo o Centro Comercial Histórico de Viveiro (en diante CCHV), baixo a denominación Sorteo de 3 soldos de 1.200€.
Segunda.- Como Participar
Os negocios asociados entregarán cas compras as papeletas cos números para o sorteo, dende o 26 de decembro de 2018 ata o 4 de xaneiro de 2019 (ambos incluídos)
O sorteo será o 4 de xaneiro de 2019 ás 20:30 horas na Praza Maior de Viveiro.
Sortearase tantas veces sexa necesario ata que aparezan os 3 gañadores.
Tódalas papeletas deberán ir seladas polo comercio que as entregan. En caso contrario serán invalidadas.
Os titulares, empregados e familiares de primeiro grao non poderán ser premiados cos tíckets de establecementos propios.
Terceira.- Premios
Sortearanse 3.600€ en premios, repartidos en 3 premios de 1.200€ cada un, que serán entregados ós gañadores tódolos meses durante o ano 2019 a razón de 100€ ó mes.
O valor dos premios será entregado en Vales de compra do CCHV para gastar en negocios asociados.
O gañadores recollerán os premios mes a mes nas oficinas do CCHV, onde se lles entregará unha lista cos negocios onde se poden gastar os vales.
Cuarta.- Utilización publicitaria das imaxes dos gañadores
A mera participación na campaña supón a aceptación plena de tódalas bases, así como a cesión voluntaria de datos ou imaxes no momento de recoller os premios, ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando a súa imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no sorteo implica a aceptación desta cláusula.
A organización reserva o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como de suspender a campaña sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.