Estás aquí: Inico Blog 1 ANO DE CINE GRATIS CO TEU SELFIE
17 Diciembre 2018

1 ANO DE CINE GRATIS CO TEU SELFIE

Jueves, 04 Diciembre 2018 20:09 Escrito por 
Vota este artículo
(1 Voto)

sorteo cine

Bases Concurso Selfie #eumercoenviveiro

 

1.- OBXETO DO CONCURSO

O organizador deste concurso é a Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro (en diante CCHV), que convoca o Concurso Selfie baixo o hasthag #eumercoenviveiro.

A finalidade deste concurso é a promoción a través das redes sociais Facebook, Twitter e Instagram da campaña de Nadal de Viveiro, e potenciar a compra no comercio local.

O concurso terá carácter gratuíto e desenvolverase a través das condicións estipuladas nas presentes Bases.

Poderán participar neste concurso os maiores de 18 anos.

Para participar farase unha foto tipo selfie ó carón da árbore de luces de 9 metros do CCHV que está instalada na Praza Maior, e que sexa o máis divertida posible.

2.- MODO DE PARTICIPACIÓN

Será a través de las seguintes Redes Sociais:

https://www.facebook.com/Centro-Comercial-Historico-de-Viveiro

https://twitter.com/viveirocentro

http://instagram.com/viveirocentro

Para que unha fotografía entre no concurso, é condición imprescindible que sexa etiquetada có hashtag #eumercoenviveiro na súa descrición, ademais de compartila publicamente nas redes sociais citadas anteriormente.

O perfil do participante e a publicación da fotografía deberán ser públicos, xa que no caso contrario, a organización non poderá visualizalas e non entrarán no concurso.

Pódese participar por calquera das tres modalidades que se detallan a continuación, non sendo excluíntes:

    1. FACEBOOK. Sube a fotografía ó facebook CentroComercialHistóricodeViveiro co hasthag #eumercoenviveiro. Os participantes teñen que cumprir có requisito de ser fan desa páxina oficial da Asociación en Facebook.

    1. TWITTER. Publica un tweet ca fotografía no teu perfil de Twitter ca etiqueta #eumercoenviveiro. Os participantes teñen que cumprir có requisito de seguir ó perfil oficial @viveirocentro

    1. INSTAGRAM. Sube a fotografía ó teu perfil de Instagram e menciona a @viveirocentro ademais de incluír a etiqueta #eumercoenviveiro. Os participantes cumprirán có requisito de seguir ó perfil oficial @viveirocentro

3.- DATAS

O concurso comeza ás 20:00 horas do 5 de decembro de 2018 e rematará o 6 de xaneiro de 2019 ás 23:59 horas. As imaxes publicadas a partir desa data non se contabilizarán dentro doconcurso.

O 8 de xaneiro de 2019, o CCHV publicará nas Redes Sociales - Facebook, Twitter e Instagram - o gañador ou gañadora,e indicaraselle os pasos a seguir.

Teranse en conta para a valoración os Me gusta que teñan as fotos, resultando gañadora aquela que máis acade.

4.- PREMIO

Establécese un premio de “1 ano de cine gratis” en Cines Viveiro. O que equivale a 52 entradas, unha para cada semana do ano 2019, para o día e sesión que o gañad@r queira. O premio non poderá ser canxeado polo seu valor en metálico.

5.- DEREITOS DE IMAXE

Os concursantes ceden, nos términos legais necesarios, os dereitos de imaxe das súas fotografías á organización, para que poidan facer uso de dito material para a promoción en calquera canal ou medio de comunicación e para realizar unha exposición tras finalizar o concurso cas imaxes presentadas para talfin.

A organización reserva o dereito de denunciar ou pedir a eliminación da fotografía, si algunha imaxe vulnera dereitos persoais, resulta ofensiva ou discriminatoria, ou por calquera outro motivo ca organización estimeoportuno.

Resérvase o dereito de anular calquera participación, si se teñen sospeitas dunha manipulación incorrecta dos datos ou do concurso.

6.- PROTECCIÓN DE DATOS

O participantes aceptan, mediante a súa participación no presente concurso, que os contidos e comentarios que vaian ser publicados nas redes sociais poidan ser compartidos nos medios cos organizadores estimen oportuno. A participación nun concurso desta natureza supón a aceptación das normas das redes sociais nas que sedifunde.

Os organizadores non recollerán ningún dato persoal xa que a participación é pública. Unicamente farase necesaria a recollida dos datos do gañador para a entrega de premios, respetando a normativa aplicable en materia de Protección de Datos de carácter persoal.

7.- ACEPTACIÓN DAS BASES E RESPONSABILIDADES

Polo feito de participar no concurso, os/as participantes aceptan as condicións da mesma segundo se describen nestas Bases.

Leído 309 veces

Noticia patrocinada por

luis gimp

Ferretería Luis