SHOPPING WEEKEND
O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sua cidade. Pon en marcha este venres 2 e o sábado 3 de Novembro a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 57 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, agasallos, perfumería, beleza, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, librerías e papelerías, estancos, perruquerías etc. Xa Van vaias edicións desta campaña, radicando o éxito da mesma na oportunidade de mercar cun desconto importante moitos artigos de primeira calidade na gran variedad de sectores que participan nesta iniciativa comercial.
Os locais participantes son:
- Óptica Rosario
- Cesar Cocina y Baño
- Confecciones Justo Vázquez
- Equivalenza
- Muebles Iglesias
- Irimia Paquetería
- Platax - Grafity
- Regalos Sulian
- Calzados Vogue
- Madrás - Esprit
- La Óptica Viveiro
- Lencería Canela
- Van Surf Sneakers
- Dandara
- Van Surf Shop
- Naútica Beagle
- África Copias
- Rockids
- Jonathans
- Contigo en tu Dia
- Óptica Casariego
- Raquel Seijido
- Las Fidalgas
- Carlos Fotógrafos
- Tacones
- Keweë
- Kody Kids
- Joyería Paleo
- Roupa
- Estanco Casanova
- Calzados Albo
- Kandela Iluminación
- Albo Zapaterías
- Mobiltom
- Albo zapatillería
- Nacar
- Piti Deportes
- El Faro
- Kerale Moda
- Baühaüs
- Oscar Rodríguez Joyeros
- Paquetería Mónica
- Fontana
- Depidel
- Miss-tic
- Carnicería Mariño
- Oxígeno Surf
- Deportes Don Balón
- Podium Sport
- A Tenda da Calexa
- Fontenova Panadería
- La Tienda de Aradia
- Cerámica Regal
- Peluquería Richard XFavor
- Paquetería Lage
Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos.
Tratase de ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.
É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes dous días.