Estás aquí: Inico Blog Día del Padre 2017
23 Octubre 2017

Día del Padre 2017

Lunes, 06 Marzo 2017 17:30 Escrito por 
Vota este artículo
(0 votos)

ok.jpg
 

BASES CAMPAÑA DIA DO PAI 2017 "UNHA AVENTURA CON PAPÁ"

"SORTEO 4 ENTRADAS WARNER BROS MADRID E FAUNIA"

É requisito para participar na promoción a aceptación, na súa totalidade, das presentes bases.

Primeira.- Participantes

Poderán participar no sorteo os maiores de 18 anos.

Os titulares dos comercios participantes, cónxuxe e familiares directos, así como os empregados, non poderán participar con tíckets do propio establecemento.

Segunda.- Descrición da campaña

Sorteo 4 entradas para un dia na Warner Bros Madrid e para outro dia en Faunia, para 2 adultos e 2 nenos (ata 11 anos)

Aloxamento con almorzo do 06/04/17 ó 09/04/17

Viaxe no Alvia con saída o 06/04/17 e regreso o 09/04/17.

Terceira.- Cómo Participar

O sábado 18 de Marzo instalarse a carpa da Asociación na Praza da Fontenova, en horario de 11 a 14 horas e de 17:30 a 20:30 horas.

Os interesados poderán participar entregando un tícket de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, cun importe mínimo de 10€. No reverso do tícket poñerán os seus datos de contacto e depositarano nunha urna habilitada ó efecto.

Só se poderá participar con tíckets de valor 10€ ou superior (non se permite a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 10€)

A data dos tíckets de compra poderá ser dende o venres 10 de Marzo ata o 18 de Marzo.

Cuarta.- Sorteo

O sorteo realizarase o luns 20 de Marzo ás 16:00 horas nas oficinas da Asociación, situadas na Travesía da Mariña, 29 Entlo 1D de Viveiro.

Comunicaráselle de inmediato ó gañador. No caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo tícket ata que apareza gañador.

O Mércores 22 de Marzo de 2017 realizarase o acto de entrega do premio, en horario determinado pola Xunta Directiva da Asociación.

Quinta.- Utilización publicitaria do nome do gañador e Proteción de datos.

O CCHV no momento de dar ó gañador o Premio, recadará o seu consentimento expreso ós efectos de acceder ós seus datos persoais e tratalos coa finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando o seu nome e imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no concurso implica a aceptación desta cláusula.

 

Leído 560 veces
Más artículos de esta categoría: « San Valentín 2017 Día de la Madre 2017 »

Noticia patrocinada por

la fontana cafe gimp

La Fontana Bar