Estás aquí: Inico Blog Unha carta para mamá
23 Noviembre 2017

Unha carta para mamá

Jueves, 25 Abril 2013 02:14 Escrito por 
Vota este artículo
(1 Voto)
dia de la madre

Dende o venres 26 de abril ó 3 de maio, organizamos o concurso "Unha carta para mamá" no que poderedes facernos chegar unha carta ou un debuxo do que representa para cada un a sua nai. O mellor debuxo levará 400€ en vales de compra e a mellor carta outros 400€. Participade!!!! Tedes ata o 3 de maio!!!!

Aquí vos deixamos as bases do concurso para que as podades consultar:

É requisito para participar na promoción a aceptación, na súa totalidade, das presentes bases.

Primeira.- Participantes

Poderán participar no concurso nenos/as de ata 14 anos.

Segunda.- Temática

O concurso, organizado pola Asociación de comerciantes Casco Histórico de Viveiro, ten como temática a celebración do Día da Nai. A campaña leva por título “Unha carta para mamá”. Os participantes deberán enviar unha carta ou debuxo reflexando que significa e representa para eles a figura da nai. Non se aceptará ningún texto/imaxe que sexa contrario á legalidade vixente.

Terceira.- Obra

Poderán presentarse 1 carta e/ou 1 debuxo por participante.

Non se aceptarán aquelas realizadas por persoas distintas ó autor.

Non se aceptarán fotomontaxes, nin debuxos ou cartas que foran premiadas con anterioridade.

O participante responsabilizase totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas.

Cuarta.- Cómo Participar

Poderanse entregar as cartas e debuxos por varios medios:

1.- De forma presencial nas oficinas da Asociación situadas na Travesía da Mariña, 29 Entlo 1D en Viveiro – Lugo. Horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.

2.- Por correo electrónico a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

3.- A través da web www.viveirocentro.com ou a través do perfil social da Asociación no Facebook.

4.- O prazo de envío será dende o 26 de abril de 2013 ata o 3 de maio de 2013 ás 20 horas.

5.- Cada participante deberá informar do seu nome, apelidos e teléfono de contacto.

6.- A Asociación de comerciantes analizará todas e cada unha das imaxes e textos recibidas antes de expoñelas na Web, redes sociais e medios de comunicación. O participante acepta que os seus traballos sexan visibles en todos estes medios.

Quinta.- Fallo do xurado

O fallo do xurado realizarase o venres 10 de maio de 2013. Si a xuízo do Xurado non se houbesen presentado suficientes traballos para realizar unha boa valoración, os premios poderán quedar desertos.

Os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade, a sensibilidade, e a mellor forma de plasmar o que representa a imaxe dunha nai. A selección dos gañadores será definitiva e inapelable.

Sexta.- Premios

Concederanse 2 premios en vales de compra do CCCHV:

  1. *1er premio: 400 euros á mellor carta (200€ en maio y 200€ en xuño)
  2. *2º premio: 400 euros a la mellor imaxe(200€ en maio y 200€ en xuño)

A mesma persoa non poderá ser agraciada con máis dun Premio.

O Premiado disporá dun prazo de 15 días, dende a notificación para recoller o seu premio. Transcorrido o prazo entenderase que renuncia ó premio sen que exista compensación algunha por dita renuncia.

Os vales terán unha data de validez dende o 08/05/13 ó 08/07/13, e poderanse canxear cas compras realizadas en calquera dos comercios asociados ó CCCHV.

Sétima.- Utilización publicitaria do nome do gañador e Protección de datos.

O CCCHV no momento de otorgar ó gañador o Premio, recadará o seu consentimento expreso ós efectos de acceder ós seus datos persoais e tratalos ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando o seu nome e imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no concurso implica a aceptación desta cláusula.

Leído 1907 veces

Noticia patrocinada por

ROUPA GIMP

Roupa