BASES CAMPAÑA DIA DO PAI
“UNHA AVENTURA CON PAPÁ”
É requisito para participar na promoción a aceptación, na súa totalidade, das presentes bases.
Primeira.- Participantes
Poderán participar no sorteo os maiores de 18 anos.
Os titulares dos comercios participantes, conxugues e familiares directos, así como os empregados, non poderán participar con tíckets do propio establecemento.
Segunda.- Descrición da campaña
Sorteo de 20 entradas dobres para o parque de aventura ROQ PARQ de San Roque.
A estrada dobre está composta por: Entrada para 1 adulto (+18 anos) e 1 infantil (-12 anos). Para rapaces entre 12 e 18 anos terán que aboar directamente no parque 3€.
En todo caso, o menor deberá cumprir unha altura mímina de 1,10 metros.
As entradas poderanse desfrutar as fins de semana entre Abril e Xuño previa comunicación ó número de teléfono indicado pola organización no momento de recoller o premio.
Terceira.- Como Participar
En cada negocio asociado ó CCHV haberá una urna onde se poderán depositar os tíckets de compra dun importe mínimo de 20€, cós datos de contacto no reverso do tícket (nome e número de teléfono)
Permítese a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 20€.
A data dos tíckets de compra poderá ser dende o luns 9 de Marzo ó mércores 18 de marzo.
Cuarta.- Sorteo
O sorteo realizarase o venres 20 de Marzo ás 16:00 horas nas oficinas da Asociación, situadas na Rúa Ramón Diaz Freijo, 3 de Viveiro.
Comunicaráselle de inmediato ós gañadores. No caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo tícket ata que apareza gañador.
Quinta.- Utilización publicitaria do nome do gañador e Protección de datos.
O CCHV no momento de outorgar ó gañador o Premio, solicitará o seu consentimento expreso ós efectos de acceder ós seus datos persoais e tratalos coa finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando o seu nome e imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no concurso implica a aceptación desta cláusula.