Estás aquí: Inico Blog Día dos Maios
16 Junio 2019

Día dos Maios

Jueves, 21 Mayo 2019 16:39 Escrito por 
Vota este artículo
(0 votos)

BASES CAMPAÑA “OS MAIOS”

É requisito para participar na promoción a aceptación, na súa totalidade, das presentes bases.

Primeira.- Participantes

Poderán participar no concurso persoas de calquera idade.

Segunda.- Temática e Organizadores

O concurso, organizado por Grafity e pola Asociación de comerciantes Centro Histórico de Viveiro, ten como temática a celebración do Día dos Maios.

Os participantes deberán enviar unha foto sacada no photocall ubicado na Praza Maior de Viveiro o venres 24 e o sábado 25 de maio.

Terceira.- Cómo Participar

A foto poderase subir a:

1.- A través do perfil social da Asociación no Facebook, Instagram e Twitter

https://www.facebook.com/Centro-Comercial-Hist%C3%B3rico-de-Viveiro-39413811451/

https://twitter.com/viveirocentro

http://instagram.com/viveirocentro

2.- A través do perfil social de Grafity no Facebook, Instagram e twitter

https://www.facebook.com/Grafity.es

https://twitter.com/Grafity_Viveiro

http://instagram.com/grafity_viveiro

3.- O prazo para subir as fotos será o venres 24 de maio e o sábado 25 de maio ata as 24:00 horas.

4.- Cada participante deberá informar do seu nome e apelidos, non serán válidos os enviados dende perfiles que non estean claramente identificados.

5.- A cada foto recibida asignaráselle un número que será co que participe no sorteo. Éste realizarase o luns 27 de maio a través dun sistema aleatorio de sorteos.

Cuarta.- Premio

Sortearanse 2 mochilas, polo que haberá 2 fotos gañadoras. As mochilas serán personalizadas co nome que se nos indique, bordado. Os premiados disporán dun prazo de 15 días, dende a notificación para reclamar o seu premio. Transcorrido o prazo entenderase que renuncia ó premio sen que exista compensación algunha por dita renuncia.

Quinta.- Utilización publicitaria do nome do gañador e Protección de datos.

Os gañadores darán o seu consentimento expreso ós efectos de acceder ós seus datos persoais e tratalos ca finalidade de publicar o resultado da promoción, utilizando o seu nome e imaxe, sen que esta utilización lle confira dereito de remuneración ou beneficio algún. A participación no concurso implica a aceptación desta cláusula.

Sexta.- Obra

Non se aceptará ningún texto/imaxe que sexa contrario á legalidade vixente, ou poida resultar ofensivo.

Leído 105 veces

Noticia patrocinada por

contigo en tu da

Organizador de eventos en Viveiro.